Actividades



Informamos periodicamente nas nosas redes e blogue dos eventos culturais que organizamos.

Dende 2021 comezamos xa con presentacións de libros e roteiros.

Outra vertente do traballo da Libraría da Proencia é a edición de libros de carácter local e interese histórico.

Próximas actividades:

- Martes, 30 de xaneiro de 2024, 18 h na Biblioteca de Sober: presentación de Ou as dúas estaredes mortas, de Xosé M. Eyré.

- Sábado, 3 de febreiro de 2024, ás 18 h en lugar por determinar: encontro a redor de Diario de dúas casas, de María Villamarín.