Fígulus Meleira 300 ml

OLARÍA

Ed./Marca: Fígulus


Meleira.
300 ml.

Peza artesanal de olaría tradicional de Gundivós, elaborada a man polo taller "Figulus", de Otilia e Tomás, "oleiros da Ribeira Sacra", en Corvelle, na parroquia de Proendos.

Esta forma tradicional usábase para gardar o mel, tendo un bordo a metade de peza que pode encherse con auga, para evitar as formigas.

O interior impermeabilízase con resina de piñeiro, aplicándoa namentres se afuma con lume de carpazas, adquirindo nese proceso o color negro, que non é do tipo de cocción.

Peza única dunha das cerámicas con métodos de elaboración máis antigos: realizada en torno baixo accionado de xeito manual.

Poñémoste en contacto co taller para enviar as túas pezas (pedidos@proencialibros.com - 674938803).
¡Oferta! Nuevo Semi-nuevo
10,00 € IVA incluido
¡Se acaban de llevar el último!

¡Pero llámanos y te lo buscamos!